Nas Rías Baixas e na área de Santiago, a mañá do luns 27, Virxe de Montserrat, presentarase con ceos pouco nubrados e tempo en xeral estable. Co avance da xornada, especialmente a partir do mediodía, irán medrando nubes de evolución que poderán deixar chuvascos treboentos no interior, máis activos no sur, aínda que non se descarta algún episodio illado na contorna compostelá.
As temperaturas mínimas manteranse sen cambios significativos, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso, deixando unha sensación térmica algo máis fresca durante o día. ( 22 graos no interior e 27 na costa).
En canto ao vento, soprará do nordés, frouxo en terra, con intervalos moderados no norte, e moderado no mar, con refachos fortes no litoral noroeste.

O noso mar: vento do nordés á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 3 a 5 á mañá e 4 a 5 á tarde e á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1.5 metros á noite.



