A Deputación da Coruña celebra o Día da Danza cun ciclo en O Porto do Son, Sada e Arzúa

25 Abril 2026

A Área de Cultura da Deputación da Coruña conmemora o Día Internacional da Danza cun ciclo de actividades baixo o título “Facermos do corpo un poema”, que se desenvolverá entre o 27 e o 29 de abril en tres concellos da provincia: O Porto do Son, Sada e Arzúa.

A iniciativa combinará espectáculos de danza con unha charla coloquio a cargo da escritora María Lado, co obxectivo de achegar esta disciplina artística á cidadanía a través de propostas abertas ao público en espazos culturais municipais.

O ciclo dará comezo o luns 27 de abril, ás 12.00 horas, na Casa da Cultura do Porto do Son. Continuará o martes 28, ás 12.30 horas, na Casa da Cultura ‘Pintor Lloréns’ de Sada, e rematará o mércores 29, tamén ás 12.00 horas, na Casa da Cultura de Arzúa.

A proposta inclúe dous espectáculos de danza que se complementarán coa intervención final de María Lado, nun formato que busca fomentar o diálogo arredor do corpo como ferramenta de expresión artística.

O Día Internacional da Danza celébrase cada 29 de abril desde 1982, e esta programación enmárcase na aposta da Deputación por promover a cultura en todo o territorio, poñendo en valor a danza como linguaxe creativa e facilitando o acceso da cidadanía a este tipo de iniciativas.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...