“Precarización e desmantelamento” – José Manuel Pena

24 Abril 2026

Que lle ocorre ao Conselleiro de Sanidade e demais membros da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia ante a precariedade e deficiencias na xestión da asistencia sanitaria pública dos centros de saúde ou de atención primaria de Ribeira e A Pobra, así como sobre a demora das citas médicas no Hospital Comarcal da Barbanza?

Desde a Plataforma en favor da Sanidade Pública do Barbanza e centenares de usuarios levan solicitando un encontro con algún responsable da Consellería, desde hai máis de dous anos, e ata a data non recibiron resposta algunha, sendo unha falta de respecto e incumprimento das súas obrigas, como servidores públicos.

Non se entende como a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia está precarizando e desmantelando a Sanidade Pública en favor da sanidade privada e os concertos con clínicas privadas, actuando como meras mutuas no canto de funcionar como unha Administración Pública, ao servizo de todos os cidadáns sen ningún tipo de discriminación.

Os veciños da Comarca do Barbanza merecemos moito máis respecto e consideración que o ofertado, ata o momento, polo señor conselleiro de Sanidade. Non se pode xestionar o público, o de todos, con tanta prepotencia e desconsideración, hai que ser máis empático e receptivo cara ás xustas demandas e necesidades dos cidadáns.

Outros artigos

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

+

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.