Compromiso Outes rexeita o peche do servizo de atención primaria os sábados no centro de saúde

23 Abril 2026

O grupo Compromiso Outes amosou o seu total desacordo coa decisión da Xunta de Galicia de suprimir a atención primaria no centro de saúde de Outes durante as mañás dos sábados, unha medida que cualifican como “un novo recorte” nun servizo básico para a veciñanza.

A portavoz municipal da formación, Alba Quintela, advertiu de que esta decisión se suma a outras reducións recentes no mesmo centro, como as que afectan aos servizos de pediatría e matrona. “Trátase dun servizo de proximidade esencial que segue perdendo recursos”, sinalou.

Desde Compromiso tamén critican que a reorganización da atención sanitaria derive na concentración da asistencia no Punto de Atención Continuada (PAC) de Noia sen un reforzo suficiente de persoal. Neste sentido, lembran que o propio persoal sanitario leva tempo denunciando a falta de medios humanos nestes dispositivos.

A formación foi especialmente crítica coa actitude do goberno local, ao que acusa de manter un “silencio cómplice” ante esta situación. Quintela reprochou tanto ao PP de Outes como ao alcalde, Francisco Calo, a súa falta de resposta fronte a unha medida que, ao seu xuízo, prexudica directamente á cidadanía.

Compromiso Outes reclama á Xunta que reconsidere a decisión e garanta unha atención sanitaria pública “digna e de proximidade” para os veciños e veciñas do municipio.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...