O Concello de Ribeira pon en valor o ourizo coa proxección dun documental no 29 de abril

22 Abril 2026

O ourizo de mar é un recurso específico Co obxectivo de reivindicar o ourizo de mar e as súas importantes calidades, o Concello de Ribeira tomou a iniciativa de gravar o documental O mar dende dentro: o ourizo, producido por Víctor Oujo e no que, ao longo de 20 minutos de metraxe, nárrase en primeira persoa como é o seu proceso de captura e comercialización (por parte das Confrarías de Pescadores de Carreira-Aguiño e Ribeira), ademais das diferenzas con respecto a este proceso antano e como variou o seu prezo e usos a través do testemuño dun mariñeiro xubilado.

O resultado da gravación amosarase ao público no mércores, 29 de abril, ás 20.00 horas, na sala polivalente do novo Auditorio municipal.

Segundo manifesta a alcaldesa, María Sampedro, “todos somos conscientes do vínculo que ten Ribeira co mar a nivel económico, social, cultural, deportivo… De feito, somos un dos principais portos de baixura de toda Europa, pero as nosas confrarías tamén fan un traballo que é digno de destacar coa extracción de recursos excepcionais que contribúen a Ribeira calidade. Temos a festa de exaltación do percebe, da navalla ou do polbo. Non obstante, os nosos pósitos tamén traballan o ourizo; un produto do mar menos coñecido, pero con moito valor culinario”.

En sentido similar tamén se pronuncia o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, para quen “a iniciativa deste documental xorde por parte do Concello de Ribeira para dar a coñecer un recurso específico como é o ourizo”. E engade: “Aquí amosamos dende a perspectiva dun mariñeiro, quen tamén é o produtor da peza audiovisual, todo o proceso: toda a preparación para saír ao mar, os utensilios a empregar para a súa extracción, como é unha xornada de captura e a súa comercialización. E únese presente e pasado. Pretendemos así poñer en valor este produto que tamén é moi apreciado a nivel culinario, cun forte sabor a mar”. O edil non desbota máis iniciativas desta índole para “divulgar o traballo das nosas confrarías e os recursos que atesoura a nosa costa, promocionando o noso litoral dende outra perspectiva. Porque vivir o mar non é só desfrutar dos nosos areais, tamén saber que é un medio de vida e que o sector desenvolve o seu traballo de maneira respectuosa e sostíbel, adaptándose aos tempos do mar”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...