“Carlos Cortón, un dos grandes da radio musical e o ballet de Galicia emite desde o ceo dos bos e xenerosos” – Antón Luaces

22 Abril 2026

Carlos Cortón foino todo como bailarín do Ballet Gallego Rey de Viana. Tamén o foi na radio musical de Galicia ao través das ondas de Radio Juventud de Galicia, emisora da CAR co indicativo EFJ-11, estación escola radicada na Coruña, na que se formaron entre os anos 1950 e 1980 os máis recoñecidos radiofonistas de Galicia e, en boa  medida de España, entre eles presentadores de TVE como José María Comesaña, Adolfo Rivas, etc. 

Carlos (Carlos López-Cortón Nahón) viviu de neno e boa parte da súa xuventude na cidade vella coruñesa. Tocaba o piano e foi un excelente técnico de son na radio, o que non lle impediu realizar grandes programas de música coma “Gran Desfile” e, xa en Radio 4 de RNE en Galicia, “Álbum de Ouro”. Elexía os discos e escribía os guións dos programas que, en Radio Juventud de Galicia, léron dúas lendas da radio e a dobraxe: Pablo Campos Manrubia e Ananda Español Villar (esta finada o mesmo día do ano pasado que Carlos e con dez anos máis de idade ca este) e, en Radio 4, Carmen Arias-Andreu. Tamén presentou algúns dos seus programas o propio Carlos, quen en moitas ocasións acompañou ao piano a bo número de nenos concursantes nos programas cara ao publico “La Ballena Alegre” (que presentaron José María Comesaña e Maricarme Deus) e “La Ballenísima Alegrísima”, dirixido e presentado por Santiago Vilariño, con Maricarme Deus e Carlos Julio Beceiro na locución.

Na súa faceta como integrante do Ballet Rey de Viana, Carlos Cortón realizou xunto con Marilín (coa que casou a finais dos anos 60) representacións históricas en Nova Iorq e distintos países de Europa e Suramérica con extraordinario éxito, lembrando sempre a realizada en Portomarín co gallo da inauguración do nobo poboado consecuencia do anegamento do vello.

Eran imaxes que Carlos nunca esqueceu e que lembraba revivindo sempre aqueles momentos que tanto significaron para a historia de Galicia.

Con 86 anos, Carlos López-Cortón Nahón foi cara onde están Pablo Campos e Ananda Español para seguir a falar entre eles de música e radio, unha radio que contribuiron a poñer en marcha no vello edificio da Terraza, nos coruñeses xardíns de Méndez Núñez, onde o coñecín en febreiro de 1963 e trabamos unha fonda amizade que só o seu pasamento na fin de semana última crebou. Con el vai tamén un libro da súa autoría sobre a historia do Ballet da súa alma e o intenso labor desenvolvido nel por Victoria Canedo, dona de Rey de Viana e directora do corpo de baile deste estandarte da cultura galega tristemente desaparecido, en grande medida polo desleixo da Xunta de Galicia. 

Descansa en paz, benquerido Carlos. Grazas polas moitas horas de traballo en compaña nunha radio que xa non se fai pero que contribuistes a enxergar.  

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.