Ribeira informou sobre o procedemento de regularización extraordinaria para persoas estranxeiras en situación irregular

21 Abril 2026

Preto dun cento de persoas asistiron este martes 21 de abril á charla informativa que se ofreceu no auditorio vello de Ribeira sobre o
procedemento de regularización extraordinaria para persoas estranxeiras en situación irregular. O concelleiro de Servizos Socias, Vicente Mariño, foi o encargado de dar a benvida ao coloquio. Segundo apuntou, no municipio hai actualmente empadroadas máis de 1.600 persoas estranxeiras, unha
parte delas en situación irregular, “persoas e familias que forman parte da nosa comunidade e que, en moitos casos, atópanse con dificultades administrativas que condicionan a súa vida cotiá”. Neste senso, o edil considera que é “fundamental” xerar este tipo de espazos onde ofrecer “información clara, accesible e útil que permita coñecer os dereitos, posibilidades e recursos dos que dispoñen”. Porque, a xuízo de Mariño, “a regularización non é só un trámite; é unha porta á estabilidade, á inclusión social e laboral e a unha mellor convivencia no noso concello”.

A asesora xurídica en materia de estranxeiría e asilo, María Gómez, foi a encargada de expor ante as persoas que viven esta realidade e colectivos que lles brindan axudas os requisitos, documentación necesaria e prazos para presentar a solicitude.

O concelleiro lembrou que, no mes de marzo, o Concello de Ribeira adxudicou por 11.011 euros este servizo profesional de asesoramento xurídico en materia de estranxeiría e asilo para reforzar a atención que o Departamento de Servizos Sociais presta ás persoas migrantes do municipio; un servizo co-finaciado pola Dirección Xeral de Inclusión da Consellería de Política Social e Igualdade e o Fondo Social Europeo.

O obxectivo é garantir un asesoramento xurídico especializado en materia de estranxeiría e asilo, co fin de complementar a atención social que xa se ofrece desde o Concello favorecendo así a inclusión social e laboral da poboación migrante residente en Ribeira. O servizo facilita información, orientación e acompañamento nos complexos procesos administrativos vinculados ao dereito de estranxeiría e á protección internacional, co propósito de evitar erros na tramitación e mellorar as posibilidades de éxito das solicitudes.

Ademais, o servizo ofrece apoio ao persoal técnico municipal, ás entidades sociais e ás empresas interesadas na contratación de persoas en situación administrativa irregular, promovendo así a súa inserción laboral e a regularización da súa situación.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.