UCIN Boiro presenta unha proposta para crear unha praia canina e que sexan os veciños quen decidan a súa localización

20 Abril 2026


O coordinador de UCIN Boiro, Miguel Piqueras, rexistrou no Concello unha proposta para a creación dunha praia canina no municipio, acompañada dun enfoque claro: que sexa a propia veciñanza quen decida o seu empranzamento mediante un proceso de participación cidadá, “baseado en alternativas previamente estudadas”. Explican que a iniciativa xorde “nun contexto no que Boiro leva anos sen avances nesta materia, a pesar de tratarse dun servizo cada vez máis habitual en concellos do entorno”. A agrupación considera que a proposta recupera un debate que xa xerou polémica no municipio: “En 2020, o intento de habilitar o acceso de cans á praia de Piñeirón-Gavioteira provocou críticas entre usuarios e evidenciou a falta de consenso e planificación”, sinalan, engadindo que “este antecedente demostra que sen participación cidadá, as decisións neste ámbito están condenadas ao conflito”.

E engaden: “Se existen varias opcións viábeis, o máis lóxico é que sexan os veciños quen decidan; esa é a mellor maneira de evitar problemas e garantir que a decisión sexa aceptada”.

O grupo sostén que ” Boiro leva demasiado tempo sen dar pasos nun ámbito no que outros municipios xa teñen solucións en marcha. Agora é o momento de decidir: ou se actúa ou haberá que explicar por que seguimos igual”.

A formación insiste en que a creación dunha praia canina é “perfectamente compatíbel coa convivencia e co respecto ao entorno, sempre que se faga con criterio e planificación”. Por iso, defende que o seguinte paso debe ser abrir un proceso transparente no que se presenten distintas alternativas e se dea voz á cidadanía.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.