Santiago lembra a Moncho Reboiras inaugurando unha estatua na Carreira do Conde

20 Abril 2026

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín Rei, pechou este sábado 18 de abril o acto de inauguración dunha estatua a Xosé Manuel Reboiras Noia, “Moncho Reboiras”, situada na Carreira do Conde e promovida pola Comisión Organizadora das Homenaxes a Moncho Reboiras. A estatua é obra do escultor Carlos Fernández e a artista Cuqui Piñeiro.

Sanmartín Rei fixo fincapé durante o seu discurso no compromiso do Concello de Santiago e de toda a veciñanza coa preservación e difusión da memoria histórica e democrática. Así, a rexedora puxo en valor a existencia doutras estatuas que recordan a persoas represaliadas polo franquismo nas proximidades, como a do filólogo e intelectual Ricardo Carvalho Calero ou as irmás Maruxa e Coralia, “As dúas Marías”.

No acto participaron tamén a deputada de Dereitos Civís da Deputación da Coruña, Sol Agra, a tenenta de alcaldesa e concelleira de Memoria Democrática, Míriam Louzao; e polo presidente da Fundación Moncho Reboiras, Xesús Seixo.

A inauguración converteuse nun espazo de lembranza e recoñecemento á figura de Moncho Reboiras e ao seu papel na loita pola liberdade e os dereitos democráticos, así como nunha chamada a continuar avanzando na recuperación e dignificación das vítimas da represión franquista.

Xosé Manuel Reboiras Noia foi un mozo nacionalista asasinado pola policía franquista en 1975, cando contaba vinte e cinco anos de idade.

Era natural de Dodro, onde o BNG (co apoio do PSOE a UV) e boa parte da veciñanza conseguiron que fose nomeado Fillo Predilecto do concello en 2025, cando se celebrou o 50 cabodano do seu asasinato.

O 12 de agosto de 2009, o Goberno de España recoñeceu oficialmente a Moncho Reboiras Noia como vítima do franquismo ao abeiro da Lei de Memoria Histórica, acreditando que sufriu persecución e violencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.