O BNG de Dodro consegue no pleno que se outorgue o título de Fillo Predilecto a Moncho Reboiras

12 Novembro 2025

O salón de plenos do Concello de Dodro viviu unha xornada intensa este martes 11, coa aprobación da petición do BNG de acondicionamento da Eira da Malla de Bexo con cargo á deputación da Coruña e o expediente instruído polo voceiro nacionalista Xoán Bautista Mariño para nomear a Moncho Reboiras Fillo Predilecto de Dodro.

“Cando se cumpren 50 anos do asasinato do noso veciño de Imo máis coñecido dentro e fóra de Galiza como vítima do franquismo…” Así comezaba a xustificación resumida en pouco máis de catro folios do voceiro nacionalista Xoán Bautista Mariño que leu o pasado martes 11 no pleno ordinario de novembro nun salón cheo entre outras persoas con familiares, simpatizantes e o responsábel local do BNG.

Mariño explicou que “esta máxima distinción que concede o Concello de Dodro a título póstumo enmárcase dentro dunha serie de actos e actividades que desenvolve o Comité de Honra 50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras ao que pertencen a fundación homónima, a Fundación Terra e Tempo de Estudos Nacionalistas e a Fundación Galiza Sempre canda unhas vinte persoas camaradas de Reboiras ou que tiveron algunha relación co asasinado veciño de Dodro”.

Xoan Bautista Mariño agradeceu ao alcalde do PSOE e á UV “o apoio de recoñecemento a un dos veciños de Dodro máis sobranceiro glosando a súa formación intelectual, sindical e capacidade de liderado político que senta as bases da actual central sindical de clase maioritaria hoxe en Galiza con máis de cinco mil cen delegadas e oitenta e seis mil persoas afiliadas, a CIG que xunto con movementos culturais e desde a UPG, contribuíu a desenvolver o nacionalismo galego desde os tempos do franquismo chegando ata hoxe”.

Asegurou o voceiro que a rebelión é “a única vía que lle queda aos pobos oprimidos contra o fascismo citando varias declaracións da ONU” e engadiu que “o avogado Nemesio Barxa puido demostrar anos máis tarde a manipulación dos feitos e do atestado posterior onde se daba a entender que Moncho se suicidara; feitos que xa adiantara o historiador e sacerdote nacionalista Francisco Carballo asegurando que Moncho fora tiroteado polas costas con tres balazos”.

A familia canda o daquela deputado do BNG Paco Rodriguez conseguiu que o estado español o declare vítima do franquismo no ano 2009.

O voceiro do BNG engadiu que “a rúa Moncho Reboiras promovida desde o goberno polo BNG (2022) canda outras por toda Galiza con exposicións, publicacións ou documentais que se suceden súmase este agardado recoñecemento no seu concello natal ao que non se adheriu nin a dereita extrema nin a extrema dereita”. Mariño recriminou aos partidos da dereita “continuar ancorados nos recortes como os das infraestruturas galegas, os recortes en sanidade, os recortes en educación, amosándose no pleno tal e como son, agora co recorte democrático”.

Así continuou: “O de hoxe é outro acto necesario como recoñecemento pero para ensinar ás futuras xeracións no respecto como demostran no básico hoxe PSOE, UV e BNG. Para que nunca máis volvamos a sufrir o fascismo. As mulleres e homes de Galiza e as nacionalistas do BNG nunca saberemos ata canto lle debemos ás persoas que foron perseguidas polo fascismo no país e tamén ás de Dodro, nomeadamente a Xosé Ramón Reboiras Noia.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.