Padrón celebra o 6 de maio a festividade de San Xoán do Raio

17 Abril 2026

O Concello de Padrón celebrará o vindeiro mércores 6 de maio a festividade de San Xoán do Raio, unha das citas máis arraigadas no calendario local, que cada ano combina tradición relixiosa, música e un espazo de encontro para a veciñanza.

A programación dará comezo ás 11.45 horas coa recepción oficial das autoridades na Casa do Concello. A continuación, ás 11.55 h, terá lugar a tradicional procesión do santo patrón ata a igrexa parroquial de Santiago de Padrón.

Ás 12.00 horas celebrarase a misa solemne, que contará coa participación da Coral Val do Sar, encargada de poñer o acompañamento musical á liturxia. Ao remate, ás 12.45 horas, a praza de Macías converterase no escenario da sesión vermú, amenizada polos padroneses UYF’75, o Grupo Unión y Fuerza fundado en 1975.

Baile na sobremesa

Outro momento importante da xornada será o tradicional xantar de confraternidade, para persoas maiores de 60 anos e pensionistas, que se celebrará ás 14.30 horas no Hotel Scala. Para participar nesta comida será necesario retirar previamente a invitación no centro social ata o día 4 de maio e realizar un ingreso de 10 euros no número de conta que se facilitará no propio centro. No caso das persoas non empadroadas, o custo do xantar será de 41 euros e as invitacións deberán recollerse directamente no Hotel Scala.

A programación completarase ás 21.00 horas cunha nova actuación musical do grupo UYF’75, que volverá subir ao escenario da praza de Macías para animar a bailar.

Desde o Concello de Padrón convídase á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nesta celebración, que cada ano mestura tradición, música e convivencia nunha xornada pensada para todas as idades.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.