Este venres comeza en Noia o II Festival do Humor “Pedro Brandariz”

16 Abril 2026

Este venres 17 de abril arrinca en Noia a segunda edición do Festival do Humor “Pedro Brandariz”, que homenaxea a figura do humorista do mesmo nome, actor, cómico e escritor galego recentemente falecido e que mantiña fortes vencellos coa actividade cultural noiesa, nomeadamente coa súa Mostra de Curtas, aínda que tamén con outras actividades.

Segundo informou a Concellería de Cultura, o Teatro Coliseo Noela énchese de humor “con catro espectáculos que non nos podemos perder perder”.

17 de abril – Compañía OutraCousa

1 de maio – Patricia Galván

22 de maio – Marta Doviro

29 de maio – Pepo Suevos

Todas as funcións serán ás 21.00 horas.

Achégase a posibilidade de mercar un bono de 20 euros (máis gastos de xestión) para asistir a todas as funcións, pódese adquirir en Ataquilla.com.

Tamén se poden mercar as entradas para cada espectáculo de xeito individual (7 euros máis gastos).

As prazas son limitadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...