O Concello de Outes abre o prazo de inscrición do seu Campamento de Verán

16 Abril 2026

O Concello de Outes abriu este xoves o prazo de inscrición para o Campamento de Verán 2026 do Programa “Outes Concilia”.

As inscricións poderán formalizarse dende as 9:00 horas do 16 de abril ás 14:00 horas do 29 de abril. Habilitarase un total de 320 prazas, distribuídas en 6 quendas, estarán dispoñibles para as familias con menores desde os 3 anos (escolarizados) ata os 16 anos.

As solicitudes de inscrición deberán presentarse conforme as bases e condicións específicas desta convocatoria a través dos modelos normalizados establecidos ao efecto na páxina web. Poden presentarse de xeito telemático a través da sede electrónica do Concello de Outes ou de xeito presencial no Rexistro do Concello de Outes (horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.