Asados acolle este domingo 19 a III Mesa de Creadoras organizada por Airiños

15 Abril 2026

Arte, xénero, lingua… son os temas recorrentes na Mesa de Creadoras. Un coloquio que organiza Teatro Airiños e que chega á súa terceira edición. Será este domingo 19 de abril ás 18:30 nas Escolas Vellas da Atalaia, en Asados (Rianxo). Este ano as convidadas serán: a muralista Xoana Almar, a escritora Baia Fernández, a música Sabela Galbán e a actriz Patricia de Lorenzo.

Airiños consolida este evento polo que xa pasaron figuras recoñecidas do panorama artístico galego como Ses, Mercedes Peón ou Elena Ferro. Un acto no que ademais a compañía teatral máis antiga de Galiza sempre inclúe artistas locais.

Veladas de Primavera

A Mesa de creadoras forma parte das Veladas de Primavera. Unha seria de actos culturais que organiza a compañía teatral na súa parroquia. Este ano as demais datas serán o Trivial Cabareteiro o 2 de maio, a mostra da Escola de Teatro Airiños o 4 de xuño e un concerto do cuarteto deBiselas.

Teatro Airiños organiza esta programación grazas á colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.