Rianxo recibe o proxecto técnico para a renovación completa do seu alumeado público

15 Abril 2026

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, confirmou esta semana a recepción do proxecto técnico para a renovación completa do alumeado público na vila. O proxecto, que será licitado en grave, abrangue a substitución integral das luminarias das diferentes rúas de Rianxo e permitirá mellorar de xeito moi notábel a iluminación da localidade acadando ao mesmo tempo un aforro de aproximadamente 50.000 euros ano ano.

O rexedor tamén salientou os beneficios desta iniciativa en materia de seguridade para exemplificalo fixo saber que “unha das zonas nas que se actuará será no acceso á vila dende a Carballeira, onde serán substituídas as luminarias alí existentes na actualidade, as cales mesmo dificultan a visión dos condutores nos días de choiva”.

O Concello de Rianxo pode levar a cabo esta importante actuación dado que foi un dos 68 municipios de todo o Estado adxudicatarios dunha axuda no marco da segunda convocatoria do programa de axudas para proxectos singulares de renovación das instalacións de alumeado exterior municipal do IDAE depente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. A Rianxo fóronlle adxudicados 547.364,30 euros.

Outros artigos

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.