Uxía Senlle leva a Rianxo as súas cancións de homenaxe a Begoña Caamaño (este venres no Auditorio)

14 Abril 2026

A Sala Arcos Moldes do Auditorio Municipal de Rianxo acolle este venres 17 de abril, a partir das 21.00 horas, un concerto especial da artista galega Uxía Senlle, que acode á nosa comarca con Cancións Begoñísimas, tecedeira de soños (con entrada de balde ata completar capacidade e convites dende 1 hora antes).

Trátase dunha proposta nova e íntima de Uxía Senlle, que acompañada na arpa de Bleuen LeFriec, interpretará as cancións dedicadas á súa grande amiga, Begoña Caamaño, escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

Proposta ao abeiro do Programa de dinamización lingüística Faladeres da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Lingua) coa colaboración do Concello de Rianxo.

Outros artigos

Boiro acolle este domingo a proxección de O silencio herdado

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cinema Mestre Mateo, que leva aos concellos a produción audiovisual máis destacada do ano pasado. A seguinte sesión será este domingo 29 de novembro ás 19.00 horas, no Centro Social de Boiro. Proxectarase o documental O...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...