UCIN Galicia propón un plan urxente para reforzar os PAC sen recortes e garantir a sanidade no rural

13 Abril 2026


O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, insta á Xunta de Galicia a rectificar o seu plan de modificación de horarios nos Puntos de Atención Continuada (PAC) e a “apostar por unha solución estrutural que garanta a asistencia sanitaria en todo o territorio galego”. Desde UCIN Galicia alertan de que a reorganización prevista polo Servizo Galego de Saúde podería afectar a arredor de 20-30 PAC, especialmente en zonas rurais, o que suporía “un recorte encuberto de servizos básicos e un aumento das desigualdades territoriais”, indica Calo, engadindo que “non é un problema só de horarios, é de planificación”.

Calo sinala que a falta de profesionais sanitarios non pode resolverse unicamente con cambios organizativos: “Reducir horarios nos PAC non soluciona o problema, trasládao á cidadanía, especialmente a quen vive no rural”.

Proposta de UCIN Galicia: plan en tres eixes

-Reordenación do gasto público: auditoría de ente instrumentais e estruturas administrativas, eliminación de duplicidades dentro da administración autonómica, reasignación de recursos cara á sanidade pública (obxectivo é liberar ata 20 millóns de euros para reforzo sanitario).

-Plan urxente de captación de profesionais: incentivos económicos para prazas de difícil cobertura, mellora das condicións laborais nos PAC (quendas, descansos, estabilidade) e programas para atraer médicos novos e facilitar o retorno de profesionais.

-Garantía de asistencia no rural: mantemento dos PAC actuais sen recortes de horario, reforzo con equipos móbiles en zonas dispersas e uso da telemedicina como complemento, non substitución.

Desde UCIN Galicia lembran que o sistema sanitario debe garantir igualdade de acceso: “Non pode haber galegos de primeira e de segunda segundo o seu código postal. O rural non pode seguir pagando a falta de planificación”.

Ademais, o grupo solicita á Xunta a apertura dunha mesa de traballo con: profesionais sanitarios, asociacións de pacientes e representantes municipais co obxectivo de acadar unha solución “realista, sostíbel e centrada nas persoas”.

“Galicia precisa unha estratexia sanitaria a medio e longo prazo, non parches. Hai marxe para mellorar a xestión pública sen recortar dereitos”, concluíu José Luis Calo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.