Aguiño acolle a presentación de “A Forcadiña”, a primeira novela de Carmen González

11 Abril 2026

A Casa do Mar de Aguiño acolleu a presentación da novela curta “A Forcadiña”, da autora ribeirense Carmen González, nun acto cultural que reuniu a arredor de medio cento de asistentes.

A cita, organizada pola asociación Francisco Lorenzo Mariño, contou coa presenza de representantes da corporación municipal como a concelleira de Cultura, Ana Barreiro, a edil de Educación, Juana Brión, e o tenente de alcalde, Vicente Mariño, así como de Cruz Rivadulla. Tamén asistiron representantes do tecido social, entre eles JM Vilas, JA Santamaría e a presidenta da entidade organizadora, Elvira Pisos.

O acto estivo presidido polo vicepresidente da asociación, Unai González, quen introduciu a mesa e fixo unha presentación xeral da obra, ademais de avanzar as actividades previstas pola entidade para os meses de abril, maio e xuño.

A análise literaria correu a cargo de Xabier López Marqués, escritor, profesor e doutor en filoloxía hispánica, quen destacou a calidade da novela, subliñando a súa coidada construción narrativa, a profundidade dos personaxes e o uso da linguaxe. O relator amosouse sorprendido polo nivel da obra, asegurando que, malia tratarse dunha primeira novela, presenta unha madurez literaria notable.

Pola súa banda, Carmen González agradeceu o apoio da asociación organizadora e as palabras do crítico, lembrando o respaldo recibido desde as primeiras fases do proxecto. Durante a súa intervención, recitou un poema incluído na obra e destacou tamén o deseño da portada, realizado polo seu fillo Carlos, inspirado na Illa de Sagres.

“A Forcadiña” enmárcase no xénero policiaco e transcorre entre escenarios de Ribeira e Aguiño, combinando a actualidade cos anos 80. A obra aborda temáticas sociais como o maltrato, o feminismo ou a diversidade LGTBIQ+, ofrecendo unha narrativa áxil, emotiva e reflexiva.

O acto concluíu cunha sinatura de exemplares por parte da autora, nunha xornada que destacou pola boa acollida do público. Ademais, un 2% da recadación obtida coa venda do libro destinarase á asociación coruñesa de esclerose múltiple, engadindo así un compoñente solidario á iniciativa.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...