Descenso acusado das temperaturas e vento forte nas Rías Baixas

10 Abril 2026

Xornada do sábado 11 marcada pola inestabilidade atmosférica, baixo a influencia das baixas presións que se achegan desde o Atlántico. Unha fronte pouco activa entrará durante a madrugada, condicionando o tempo nas primeiras horas do día.

Activada a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego. Suspéndese a actividade deportiva do programa Xogade e federada no mar nos concellos afectados

Pola mañá predominarán os ceos moi nubrados, con precipitacións febles na metade leste do territorio, que irán remitindo a medida que avance a xornada. Co paso das horas, agárdase unha progresiva apertura de claros en conxunto en toda a comunidade.

No apartado térmico, as temperaturas mínimas experimentarán un descenso moderado, mentres que as máximas sufrirán unha caída notable, con valores baixos para esta época do ano. (máximas de 11 a 14 graos)

En canto ao vento, soprará de compoñente norte con intensidade moderada en xeral, podendo acadar intervalos fortes no litoral das Rías Baixas, o que contribuirá a aumentar a sensación de frío durante a xornada.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá e á tarde e do nordés á noite, forza 5 a 6 á mañá, 4 a 6 á tarde e 2 a 4 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá, 3 a 4 metros á tarde e 4 a 5 metros á noite.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.