A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego

10 Abril 2026

Suspéndese a actividade deportiva do programa Xogade e federada no mar nos concellos afectados

A Xunta de Galicia vén de activar a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral da comunidade ante a previsión dun empeoramento significativo das condicións do mar nas vindeiras horas.

Co obxectivo de garantir a seguridade de persoas e bens, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, dependente da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, trasladou a información a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia a todos os concellos das provincias afectadas, así como ás deputacións, servizos provinciais, agrupacións de voluntarios de Protección Civil e clubs náuticos.

Segundo as previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso comezará a partir de media tarde deste sábado no noroeste e oeste da provincia da Coruña. Xa de cara á medianoite, estenderase ao suroeste coruñés e ao litoral das provincias de Lugo e Pontevedra. Agárdase mar combinada do noroeste con ondas que poderán acadar ata os seis metros de altura.

Ante esta situación, a Secretaría Xeral para o Deporte anunciou a suspensión da actividade deportiva federada no mar e tamén do programa Xogade nos concellos afectados, cuxa relación pode consultarse na web oficial de Deporte Galego.

Desde a Xunta insístese na necesidade de extremar as precaucións, recomendando á cidadanía manterse afastada da liña de costa, especialmente en zonas como diques, rompentes ou paseos marítimos. Así mesmo, aconséllase evitar actividades no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións para previr posibles incidencias.

As autoridades lembran tamén a conveniencia de consultar a información actualizada a través da páxina web do 112 Galicia, onde se ofrecen datos meteorolóxicos e ligazóns de interese para seguir a evolución do temporal.

Outros artigos

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ofrenda” – Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...