A obra teatral de Ismael Serrano e a recuperación da Feira do Libro, pratos fortes da axenda cultural de abril e maio do Concello de Noia

10 Abril 2026

A concelleira de Cultura, Chelo Martínez, presentou este venres 10 de abril a programación cultural para os meses de abril e maio de 2026, unha proposta “variada, ambiciosa e pensada para dar cabida a todo tipo de públicos”, segundo destacou durante a súa intervención. Martínez subliñou que esta nova programación “non só consolida a aposta polo cine, o teatro e a música que tan boa acollida tiveron nos últimos meses, senón que incorpora tamén dous elementos innovadores e fundamentais: a presenza do libro e a recuperación da memoria colectiva”.

Neste sentido, a concelleira puxo en valor as xornadas pola memoria histórica, que incluirán unha homenaxe a Maxi Olariaga o sábado 17 ás 12:00 horas, así como a xornada de etnografía popular que se desenvolverá en maio na Casa da Cultura “Avilés de Taramancos”.

“Trátase de iniciativas que nos permiten mirar ao noso pasado, recoñecer ás persoas que formaron parte del e reforzar a nosa identidade como vila”, sinalou.

O protagonismo da literatura será outro dos piares desta programación. “Queremos que o libro ocupe o lugar que merece dentro da vida cultural de Noia”, afirmou Martínez, quen destacou a presentación de dúas obras literarias, a celebración do Día das Letras Galegas e a recuperación da Feira do Libro de Noia, que terá lugar os días 22, 23 e 24 de maio. “Recuperar esta feira é unha débeda que tiñamos coa cidadanía e co sector cultural”, engadiu.

A programación mantén tamén algunhas das propostas máis exitosas da anterior edición. Así, renovarase a colaboración co Cineclub local “Claudio Guerín”, que continuará levando ao Coliseo Noela “unha selección de películas de alta calidade e actualidade”. “O cineclub é xa un referente cultural na nosa vila e queremos seguir apoiando o seu labor”, destacou.

No ámbito teatral, a concelleira fixo fincapé na importancia de achegar espectáculos de primeiro nivel a Noia, como a obra Golpe a golpe, verso a verso, protagonizada por Ismael Serrano. “Queremos que Noia sexa tamén un punto de encontro para propostas escénicas de gran calidade”, indicou.

O humor tamén terá un papel destacado coa celebración do II Festival de Humor “Pedro Brandariz”, en homenaxe “a un gran humorista moi ligado á nosa vila”. Segundo Martínez, “é fundamental recoñecer o talento propio e manter vivo o legado cultural das persoas que marcaron a nosa historia recente”.

Para rematar, a concelleira de Cultura amosou a súa satisfacción pola acollida da programación anterior, que contou cunha altísima participación, e agradeceu o apoio da veciñanza. “Dende a concellería estamos encantados de poder seguir ofrecendo unha programación cultural de primeira e animamos a toda a cidadanía a participar activamente nas propostas que presentamos”, concluíu.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.