En marcha o Concurso de Relatos “O Castelo de Outes”

10 Abril 2026

Arqueolladas, Tremuzo Historia e Patrimonio, Historia de Galicia e o proxecto ULA Libraría Social veñen de unir forzas pola creación literaria e polo impulso de novos talentos (ou non tan novos). O resultado é o Concurso de Relatos “O Castelo de Outes”, un certame literario para todas as idades que tamén pretende dar a coñecer “un espazo arqueolóxico e de gran importancia histórica que dá orixe ao concello de Outes”. E engaden: “Pensamos que facer parte á comunidade de xerar historias ao redor do Castelo era unha formar estupenda de relacionarnos de xeito máxico coa histórica construción e darlle a relevancia que merece”.

Ademais, a entrega de premios será no propio Castelo o 13 de xuño, “onde desfrutaremos dunha ruta e explicación arqueolóxica”, sinalan.

Quen precise máis información tena no local da ULA (na rúa da Capela na Serra) ou a través do correo castelodeoutes@outlook.es.

As bases do certame están dispoñíbeis na web da ULA Libraría Social.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.