Carmen González presenta este venres “A Forcadiña” na Casa do Mar de Aguiño

09 Abril 2026

A Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño vai presentar este venres 10 de abril, na Casa do Mar ás 20:00 horas, a novela corta A Forcadiña, da autora ribeirá Carmen González, que estará acompaña de Xabier López Marqués, mestre e escritor, e Unai González Suárez, vicepresidente da entidade.

A entrada é gratuíta dende 1/2 h antes e quen o desexe poderá mercar alí a novela para que a autora lla asine.

O acto estará presentado por Unai González Suárez como vicepresidente da asociación FLM e xestor cultural do Concello de Ribeira; acompañará á autora, Carmen González, o profesor de literatura de ensino medio e escritor, Xabier López Marqués.

No acto tamén se poderá adquirir a novela que asinará a autora ao finalizar o mesmo, a calquera persoa que o desexe, o prezo é de 17€.

O libro A Forcadiña foi editado polo selo galego Medulia.

A Forcadiña é unha novela que ambientada en Ribeira no espazo temporal comprendido entre os anos oitenta e a actualidade, “nunha cidade tranquila onde as vidas das xentes transcorren con normalidade arredor do mar que a acariña… ata que un día acontece algo que deixa unha fonda pegada en toda a cidadanía”.

Outros artigos

Boiro acolle este domingo a proxección de O silencio herdado

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cinema Mestre Mateo, que leva aos concellos a produción audiovisual máis destacada do ano pasado. A seguinte sesión será este domingo 29 de novembro ás 19.00 horas, no Centro Social de Boiro. Proxectarase o documental O...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...