A ANPA Santa Uxía organizou unha charla sobre acoso escolar impartida pola experta Carmen Hermo

09 Abril 2026

A ANPA Santa Uxia do CEIP O Grupo de Ribeira (xunto co CEIP e o CAFI no marco da Escola de Nais e Pais) organizou na tarde deste mércores 8 de abril unha conferencia coa psicóloga local Carmen Hermo sobre acoso escolar, que se celebrou na Aula de Aprendizaxe do dito centro educativo.

Foi unha charla amena e didáctica na que os asistentes tiveron ocasión de obter ferramentas para identificar, afrontar e combater o acoso escolar, tanto dende o interior da comunidade educativa ou dende o exterior na sociedade, así como dende a perspectiva de que os nenos e nenas sexan os acosados ou os acosadores.

Na charla incidiuse en “que acoso e ciberacoso son dúas problemáticas reais que poden condicionar o crecemento, desenvolvemento e incluso as vidas dos nosos fillos e fillas”.

Esta charla foi demandada por varias familias e a ela asistiron, malia a demanda e a importancia da cuestión tratada, só unha quincena de persoas, segundo informou a ANPA, que compartiu nun comunicado a súa intención de “ter maior éxito nas conferencias futuras, xa que estamos preparando outra para maio e unha máis para xuño”.

Na sesión deste mércores tocáronse cuestións como a formación e a información en temáticas de acoso, o ciberacoso, a disciplina positiva, as pantallas, a sexualidade ou a inclusión, entre outros asuntos fundamentais para as familias.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.