O Concello de Ribeira formará sobre o protocolo fronte a violencias sexuais e LGBTIfóbicas en espazos de ocio nocturno

09 Abril 2026


O Concello de Ribeira segue avanzando en materia de igualdade cunha acción centrada nos locais hostaleiros do municipio para formárense no protocolo de actuación contra as violencias sexuais e LGBTIfóbicas en espazos de ocio nocturno. “Poñemos en marcha unha nova medida que se suma a outras que xa se veñen realizando no noso municipio como son, por exemplo, os puntos violeta, os cales se activan durante eventos festivos, se ben, a formación neste protocolo, permitirá aos locais saber exactamente como actuar fronte a violencias durante o ocio nocturno durante todo o ano”, indica a concelleira de Igualdade, Ana Barreiro.

A acción formativa desenvolverase en formato online e ten unha duración total de 10 horas: 4 horas en directo (divididas en 2 sesións prácticas) e 6 horas de contido en liña flexíbel. O programa céntrase na detección de situacións de violencia sexual e LGBTIfóbica; a actuación axeitada ante un caos; a aplicación do protocolo na contorna real do local; e a incorporación de medidas de prevención e mellora da seguridade.

Coa finalidade de outorgar maiores facilidades aos locais participantes, as sesións poderanse combinar en distintas quendas para adaptarse á dispoñibilidade de cada un. Os establecementos que desexen tomar parte desta iniciativa débense poñer en contacto co Centro de Información á Muller (CIM) a través do enderezo electrónico protocoloagresionoff@gmail.com ou do teléfono de contacto 690 635 230. Ademais da formación, formalizarán a súa incorporación ao Protocolo Agresión OFF.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.