O Concello de Muros remata as obras de saneamento na marxe esquerda da parroquia de Serres

09 Abril 2026

O Concello de Muros informa do inminente remate da obra de saneamento na marxe esquerda de Serres, unha actuación clave para mellorar este servizo público.

Os traballos realizados consistiron na instalación dun colector de saneamento que recolle as acometidas de augas residuais existentes, partindo do PAC de Muros, o posto da Garda Civil, o GES, a piscina municipal e toda a marxe esquerda da estrada de Serres (AC-400), ata conectar co colector xeral no cruzamento coa AC-550.

A actuación incluíu a execución dunha nova rede de saneamento; a colocación de tubaxes de PVC e PEAC corrugado de dobre parede; separación de augas pluviais e fecais; instalación de pozos de rexistro e acometidas domiciliarias, e repavimentación de estradas e beirarrúas afectadas.

Este proxecto foi executado dentro do POS (Plan de Obras e Servizos) da Deputación da Coruña, cun investimento de 164.000 euros.

“Outro paso máis no noso obxectivo de mellorar o saeamento en Muros, levando o servizo a zonas que carecían del e mellorando a rede existente”, asegura a alcaldesa, María Lago.

A concelleira de Obras, Laura Rivadeneira, lembra que “está en proceso de adxudicación unha nova obra de saneamento en Tal, cun investimento de 142.000 euros”.

Cando chegou ao goberno local no verán do ano 2023, María Lago fixouse entre as súas principais prioridades o saneamento no concello. A día de hoxe, o investimento na rede neste mandato xa ronda os dous millóns de euros e as actuacións continuarán nos próximos meses.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.