A Casa da Xuventude de Ribeira achega unha “finde” repleta de actividades para a mocidade

09 Abril 2026

A Casa da Xuventude de Ribeira converterase un fin de semana máis nun fervedoiro de actividades. No sábado, 11 de abril, de 11.00 a 13.00 horas, haberá clases de pintura para a rapazada da man da Asociación Alfaia, ademais de animacións e xogos dirixidos dentro do proxecto Por fin é finde, de
17.00 a 20.00 horas, impartido pola profesora do curso de monitorado de tempo libre e o propio alumnado.

A mocidade tamén pode usar libremente este espazo como punto de encontro, onde se dispón de xogos de mesa e Wi-Fi. E no domingo, 12 de abril, de 11.00 a 14.00 horas, celebrarase o Campionato da Fase Intercomarcal de Xadrez do Programa Xogade das categorías benxamín, alevín e infantil mixto, da tempada 2025-2026.

Como explica a concelleira de Mocidade, Carmen Pérez, “seguimos potenciando a Casa da Xuventude como espazo de encontro para a mocidade con variadas propostas que dinamicen o seu ocio, ben sexa apoiando accións doutras entidades como as que promovemos dende o propio Concello como, por exemplo, o programa Por fin é finde!“.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.