En Noia o Concello brinda esta primavera un curso de monitorado de ocio e tempo libre

04 Abril 2026

O Concello de Noia impulsou esta tempada unha actividade de formación de monitorado de ocio e tempo libre: un curso homologado pensado para todas aquelas persoas que queiran formarse e traballar no ámbito do tempo de lecer, adquirindo habilidades prácticas e coñecementos clave. O curso conta con 100 horas de formación e prácticas profesionais, ofrecendo. unha preparación completa para desenvolver actividades educativas, culturais e de lecer. O curso desenvolverase entre o 2 de maio e o 5 de xuño co seguinte horario:

Venres: 16:00 – 21:00

Sábados: 09:00 – 14:00 e 15:00 – 20:00

Domingos: 09:00 – 14:00

As inscricións poden facerse do 2 ao 20 de abril no documento habilitado e as prazas serán limitadas. O custe da actividade é de 150 euros. As sesións levaranse a cabo no Concello de Noia e no Edificio Casino. Máis información. no número de teléfono 981 84 21 00.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.