Muros pon a punto as súas zonas verdes tras os temporais do inverno

01 Abril 2026

O Concello de Muros leva semanas desenvolvendo traballos de mantemento e acondicionamento nas súas zonas verdes, logo dun inverno marcado por fortes temporais e intensas precipitacións.

As actuacións, impulsadas pola Concellería de Obras e Servizos, centráronse en distintos puntos do municipio. Entre eles, destacan a zona do cemiterio de Atalaia, a área de lecer do Pozo de Cachón, Agro Vello en Tal, Ventín e Esteiro. Neste último núcleo realizáronse labores no paseo fluvial do río Riomaior, así como nas áreas recreativas da Alameda, do Artón e de Parameán.

Segundo explicou a concelleira de Obras e Servizos, Laura Rivadeneira, os traballos están a levarse a cabo tanto con medios propios —a través da brigada municipal— como coa colaboración de empresas externas. “O obxectivo é poder actuar no maior número de espazos posible e recuperar o seu bo estado tras os danos ocasionados polo inverno”, sinalou.

Pola súa banda, a alcaldesa, María Lago, subliñou a importancia destas intervencións para a cidadanía: “Queremos mellorar o estado xeral dos nosos espazos naturais e garantir que veciñanza e visitantes poidan gozar dun entorno coidado, cómodo e seguro, especialmente nunha época na que aumenta o seu uso”.

O Concello avanzou que estes traballos continuarán nas vindeiras semanas, estendéndose ás praias e ás zonas verdes de todas as parroquias do municipio.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.