Barbanza Arousa enfila a fase final do seu plan de sustentabilidade turística con fondos europeos

31 Marzo 2026

Os alcaldes dos concellos da Mancomunidade Barbanza Arousa (Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo) realizaron na mañá deste martes 31 de marzo unha visita ás obras do futuro Museo do Mar en Cabo de Cruz-Boiro. Segundo informaron María Sampedro (Ribeira), José Carlos Vidal (A Pobra), José Ramón Romero (Boiro) e Julián Bustelo (Rianxo), nestes momentos a Mancomunidade atópase inmersa na fase final da execución dos fondos europeos dos que foi beneficiaria cun 1,5 millóns de euros para o desenvolvemento da actividade turística vencellada á enogastronomía.

Deste xeito, atópanse en execución as obras do Museo do Mar en Rianxo, que actualizará as súas infraestruturas e disporá de aulas enogastronómicas; o futuro Museo da Conserva en Cabo de Cruz-Boiro ou o Museo da Salgadura no Concello de Ribeira, onde xa se remataron os traballos de limpeza arqueolóxica da fábrica de salgadura de Touro para iniciar as obras de musealización da mesma.

Paralelamente, están en licitación outros proxectos incluídos no Plan de Sustentabilidade, como o de Creación dun Club de Produto Enogastronómico no que estarán chamadas a participar tanto as empresas do sector turístico, como conserveiras ou adegas, ou o Plan de Comunicación, ambos en fase de avaliación.

O proxecto de Dotación de vehículos eléctricos en rede e cargadores eléctricos xa se atopa en fase de execución equipando aos catro concellos con estacións para bicicletas eléctricas de uso público.

O vindeiro 30 de xuño será a data na que estean rematados todos estes proxectos que suporán un revulsivo para o desenvolvemento turístico de Barbanza Arousa.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.