O Concello de Ribeira renova as porterías da pista de Punta do Castro

30 Marzo 2026

A Concellería de Deportes de Ribeira continúa traballando na posta a punto das pistas deportivas do municipio, especialmente, agora coa chegada do bo tempo. Unha das últimas actuacións acometidas centrouse en Punta do Castro, na parroquia de Castiñeiras, onde se cambiaron as porterías existentes por outras novas de ferro galvanizado por un importe de arredor dos 3.000 euros.

Neste senso, o edil Álex Vidal explica que “esta intervención enmárcase na folla de ruta que temos marcada para a mellora das pistas coa chegada do bo tempo para ofrecerlle á veciñanza que opte pola práctica deportiva ao aire libre unhas instalacións en óptimas condicións. Desta vez, cambiamos as porterías de Punta do Castro por outras de mellor calidade con maior resistencia ás inclemencias meteorolóxicas dado que están moi próximas ao mar. Agora, a rapazada que xoga alí ao fútbol atoparase cunha pista con mellores prestacións”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.