O BNG propón un paquete de axudas para aliviar os efectos da crise no tecido produtivo local

22 Maio 2020

O BNG de Boiro, a través da súa portavoz Raquel Suárez Regades, vén de presentar unha moción relativa ás consecuencias da COVID-19 e á “importante crise económica na que está a derivar a pandemia”, unha crise á que “é preciso dar resposta dende todos ámbitos, incluído o municipal”. Segundo indica, tendo en conta o papel relevante que deben xogar neste intre as administracións locais, por ser as máis próximas á cidadanía, é necesario que o “noso Concello centre esforzos nas persoas autónomas e nas pemes para aliviar, unha vez superada a crise sanitaria, a situación económica que sofren hoxe estes colectivos e que, de seguro, perpetuarase nos vindeiros meses”.

O BNG, entre outras medidas, solicita ao Concello a devolución automática ou a compensación, aos locais de hostalería, da parte proporcional do pago da taxa municipal por ocupación de vía pública relativa ao desenvolvemento da súa actividade, “polo tempo en que non puideron facer uso do dito espazo público”. Isto mesmo sería aplicábel ao resto de pemes e profesionais autónomos.

A agrupación tamén require a devolución automática ou a compensación das taxas de lixo, auga e sumidoiro ás pemes e profesionais autónomos, correspondente ao tempo en que non puideron desenvolver a súa actuación profesional. Igualmente, propón reducir o IBI aos mesmos colectivos “en proporción ao tempo en que non puideron levar a cabo a súa actuación profesional”.

As medidas complétanse coas seguintes propostas: a redución do IVTM ás pemes e profesionais autónomos dos vehículos adscritos á súa actividade económica; a redución das taxas e rendas que os mesmos colectivos abonan como “consecuencia da explotación dunha actividade levada a cabo nun local propiedade do Concellou, ou mediante concesión administrativa”; e máis a redución nun 50% da taxa de actividade que están obrigados a sufragar os mesmos colectivos por mor da apertura de novos locais de negocio no termo municipal.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.