O Concello de Rianxo tirará proveito das vídeo-conferencias para coñecer as necesidades dos autónomos e dos negocios locais

22 Maio 2020

Os nosos concellos están a pór en marcha medidas para paliar as consecuencias económicas da pandemia, medidas que queren ter unha especial incidencia nos ámbitos máis vulnerábeis: as pemes, nas empresas pequenas e nos autónomos. Nesta liña de traballo, o Concello de Rianxo, a través da área de Promoción Económica e Desenvolvemento Local, anunciou que vai organizar xuntanzas por vídeo-conferencia (a través da ferramenta libre Jitsi) con persoas autónomos ou propietarias dun pequeno negocio para “analizar a actual situación provocada pola COVID-19, escoitar necesidades e valorar propostas de colaboración por parte do Concello”.

A primeira das vídeo-conferencias está prevista para este 26 de maio, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

O Goberno local, que ten canle propia en Jitsi a través da cal canalizar estas comunicacións co tecido produtivo rianxeiro, indica, que o acceso á plataforma pode facerse a través de dispositivo móbil (teléfono ou tableta) ou computador persoal (portátil ou sobremesa). Na páxina do Concello indícanse polo miúdo os procedementos requiridos para tirar proveito da dita ferramenta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El ‘calvario’ de Óscar Puente” – José Antonio Constenla

“El ‘calvario’ de Óscar Puente” – José Antonio Constenla

Si algo retrata a las personas es esencialmente lo que hacen o dejan de hacer, lo que piensan y cuentan (incluso lo que no cuentan) y desde luego, lo que defienden en público. Todo ello acaba dibujando y comunicando la manera que se entiende la política, el servicio...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.