Achado o corpo sen vida dunha persoa nunha piscina en Catoira

28 Marzo 2026

Unha persoa foi atopada sen vida na mañá deste domingo nunha piscina situada no lugar de Abalo, no municipio pontevedrés de Catoira.

Segundo informou o 112 Galicia, o aviso recibiuse uns minutos antes das 11:30 horas, cando un particular alertou da presenza dunha muller que podería estar falecida no interior dunha piscina.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias mobilizaron aos Bombeiros de Vilagarcía de Arousa, ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Padrón, á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Catoira.

Ata o lugar tamén se desprazou unha dotación do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que foi informada do suceso polo 112. Porén, nada se puido facer por salvar a vida da persoa, confirmándose o seu falecemento no lugar dos feitos. As circunstancias do ocorrido están a ser investigadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.