“Noelia Castillo e o circo mediático, após recibir finalmente a eutanasia” – Antón Luaces

28 Marzo 2026

Ao remate dunha vida “sen metas nen proxectos” e cunha longa experiencia por distintos tribunais fronte á postura de seu pai, a moza de 25 anos Noelia Castillo recibiu o xoves a eutanasia que seu pai lle negaba. A de Noelia foi unha infancia breve no seo dunha familia rompida, de enfermidades mentais e graves traumas que non minguaron a súa determinación de morrer en paz.     

Finou Noelia após recibir finalmente o que reclamara. E coa súa morte actívase o que antes non se movera. Por exemplo: O Supremo será o encargado de fixar doutrina sobre se un pai pode mediar na eutanasia reclamada por un fillo/a. O Tribunal Supremo -onde ficaba cando Noelia explicou o seu dereito á eutanasia?- levará a Pleno o debate sobre se un  pai está lexitimado para recorrer xudicialmente a concesión da eutanasia ao seu fillo/a maior de idade e en plenas capacidades, un caso semellante ao de Noelia pero que con esta non se debateu porque tal cuestión non foi recorrida polo proxenitor após un longo periplo xudicial de máis de ano e medio. Noelia morreu após exercer o seu dereito á eutanasia.  

“Quero que me deixen en paz e deixar de sufrir, algo que seu pai non quixo entender, como tampouco o fixeron organizacións coma o colectivo de Avogados  Cristiáns, malia saberen que a decisión de Noelia foi un acto de soberanía popular, de choque entre a ética da vida sagrada e a ética da autonomía persoal que, no remate, foi resolto ao abeiro da lei española. 

“Algún día estaremos xuntiñas, non tardaremos moito”, dixo a súa avoa. 

Descansa en paz, Noelia.   

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.