A ANPA do IES Nº1 de Ribeira leva ao alumnado a Santiago para a proxección do filme “Girlhood”, na Sala Númax o 8 de abril do 2026

27 Marzo 2026

A ANPA O Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira vai levar ao alumnado do centro a Santiago para asistir á proxección de Girlhood, na Sala Númax, o vindeiro 8 de abril.

Trátase dunha actividade organizada pola ANPA e o Departamento de Francés do IES Nº1 de Ribeira, dirixida ao seu alumnado que cursa a materia de Francés en 3º da ESO, e subvencionada pola Deputación da Coruña.

Contido e características da actividade: 

A sala Númax de Santiago de Compostela posibilita que o alumnado visualice películas que “esconden detrás valores importantes para a educación dos mozos e mozas, lonxe da cultura de masa que consumen día tras día”.

O filme Girlhood, película de orixe francés, explora a adolescencia feminina. Marieme, unha moza de orixe africana, que vive nos suburbios de París (la banlieue parisienne), intenta fuxir dun barrio sen posibilidades a futuro e cheo de drogas e alcohol. Tanto é así, que se atopa cunhas mozas que a levan a cambiar o seu estilo e a abandonar o lugar que a viu nacer, coa fin de evolucionar e mellorar. Trabállase, polo tanto, a superación, a igualdade de oportunidades ou a non discriminación por sexo ou orixe, entre outros.

A película será visualizada en versión orixinal e subtitulada en galego, co que o alumnado poderá seguir perfectamente o fío da historia.

Antes da sesión, a organización entregará ao profesorado material didáctico, co que poderán traballar aspectos importantes da película, así coma sacarlle partido dende un punto lingüístico.

Obxectivos

-O alumnado coñecerá unha realidade social, a da banlieue parisienne, onde a exclusión, a desigualdade económica e a discriminación son algunhas das súas características. É polo tanto unha película que desbota a bela imaxe do París que visitamos ou que vemos noutros medios ou produtos de ficción.

-O alumnado poderá recoñecer a sorte que teñen de poder ter un ensino gratuíto e de calidade, fronte a outros mozos e mozas que teñen que facer esforzos para estudar e progresar academicamente e, mesmo traballar para contribuír á economía familiar.

-A escoita activa en francés: A aula é un espazo moi reducido para a práctica das competencias orais da lingua. O feito de que o alumnado poida ser testemuña de conversacións en francés é fundamental para o desenvolvemento das competencias orais da lingua e unha comunicación efectiva, algo moi positivo para a súa aprendizaxe.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.