O BNG propón reforzar o investimento en benestar animal en Ribeira

26 Marzo 2026

O BNG de Ribeira levará ao vindeiro pleno unha proposta para incrementar a partida destinada ao benestar animal, co obxectivo de consolidar os avances acadados nos últimos anos e seguir mellorando as condicións de vida dos animais no municipio.

A iniciativa céntrase na necesidade de garantir unha campaña anual de castración das colonias felinas, considerada clave para controlar a poboación de gatos e evitar problemas derivados da súa reprodución descontrolada en distintos barrios e parroquias. Ademais, a formación nacionalista propón instar á Xunta de Galicia a incrementar as axudas neste ámbito, co fin de apoiar o labor dos concellos e das entidades colaboradoras.

A concelleira Antía Alberte destacou a importancia de dar continuidade ao traballo realizado: “é fundamental non retroceder nun ámbito tan sensible como o benestar animal. As campañas de castración son a ferramenta máis eficaz para garantir o equilibrio das colonias felinas”.

Pola súa banda, o exalcalde Luís Pérez Barral lembrou as medidas impulsadas durante o seu mandato, como campañas de esterilización, accións de concienciación, instalación de casetas ou a creación da figura das alimentadoras felinas, en colaboración con asociacións. Tamén puxo en valor a habilitación de cinco praias para mascotas, que converteron a Ribeira nun referente neste ámbito.

Desde o BNG subliñan que estas políticas responden a unha demanda social crecente e insisten na necesidade de manter unha planificación a medio e longo prazo, apostando por un modelo de concello máis respectuoso e comprometido co benestar animal.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.