A Pobra acolle o IV ciclo do programa universitario para maiores da USC: Camiños de coñecemento e experiencia

25 Marzo 2026

A Pobra acollerá entre os días 20 e 30 de abril o IV ciclo do programa universitario para maiores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) , o programa Camiños de Coñecemento e Experiencia, unha iniciativa formativa dirixida a persoas maiores de 50 anos que se desenvolverá no auditorio da Biblioteca Municipal Victoriano García Martí en horario de 16.30 a 18.00 horas. A formación contará cun total de seis sesións centradas en distintas áreas.

A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, puxo en valor esta iniciativa, que permite “achegar a formación universitaria aos nosos veciños e veciñas e promover o acceso ao coñecemento e a participación social das persoas maiores”. Ademais, subliñou “a importancia de colaborar cunha institución de referencia con máis de 500 anos de historia como o é a USC para seguir ofrecendo oportunidades formativas no noso municipio”.

O programa ao completo

O programa abordará contidos diferentes en seis sesións impartidas por especialistas vinculados á USC, como son Manuel Vázquez Lijó, Katia Cino Rouco e Stefany Sanabria Fernández.

En concreto, os días 20 e 26 de abril, Vázquez Lijó abordará as Achegas ao patrimonio eclesiástico: as ermitas na Pobra do Caramiñal (ss. XVI e XIX); o 21 e 28 de abril, será Cino Rouco quen trate O documentalismo fotográfico desde o Photo-Secession ás redes sociais; por último, Sanabria Fernández centrarase na Creación e participación en espazos dixitais: ferramentas e comunidades os días 29 e 30 de abril.

A inscrición é completamente de balde e pode formalizarse na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler, onde as persoas interesadas poderán recibir máis información.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.