O SERGAS homenaxea aos 197 profesionais xubilados da área sanitaria de Santiago e Barbanza tras unha vida dedicada ao servizo público

25 Marzo 2026

O xerente do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), José Ramón Parada, destacou este martes 24 de marzo, no Hospital Clínico de Santiago, o labor e o compromiso dos 197 profesionais da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza que acadaron a súa xubilación ao longo do ano 2025.

Durante a homenaxe, que tamén contou coa participación do xerente da área sanitaria compostelá, Ángel Facio, o responsábel autonómico recoñeceu a traxectoria dun persoal que dedicou boa parte da súa vida ao coidado doutras persoas.

“A sanidade pública son persoas e vós sodes o mellor exemplo de responsabilidade, vocación e humanidade”, salientou Parada, poñendo en valor a capacidade de adaptación destes profesionais ante contextos cambiantes e os novos avances tecnolóxicos.

Durante o acto, o xerente do SERGAS remarcou que o futuro do sistema sanitario se constrúe sobre o esforzo de quen traballou antes, deixando así como legado un servizo máis sólido, humano e comprometido.

“Hoxe recoñecemos unha maneira de facer e de entender o que significa coidar”, referiu Parada, desexándolle aos profesionais que acadaron a xubilación unha nova etapa chea de ilusións e proxectos persoais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.