O colectivo ARTE 4, do que forma parte a ribeirense Carmen Sampedro, mostra as súas pinturas no Centro Empresarial do Tambre

24 Marzo 2026

O colectivo ARTE 4, integrado polas artistas Carmela Taboada, Carmen Sampedro, J. Jiménez e Lola Sanz, presenta unha exposición colectiva no Centro Empresarial do Tambre, en Santiago de Compostela. A mostra inaugurarase o luns 23 de marzo ás 19:00 horas e poderá visitarse ata o 9 de abril.

ARTE 4 reúne catro creadoras con traxectorias consolidadas e linguaxes propias que, desde o respecto mutuo, deciden compartir un espazo común sen renunciar á súa identidade artística. A exposición ofrece unha selección de obras que, aínda partindo de estilos e ópticas diversas, coinciden na procura de linguaxes expresivas capaces de transmitir con intensidade sensacións, atmosferas e emocións, convidando ao espectador ao diálogo e á reflexión.

Cada unha das artistas achega unha visión singular: Carmela Taboada aposta por unha pintura figurativa de carácter costumista, inspirada na memoria e na paisaxe; Carmen Sampedro combina pintura e poesía nunha linguaxe ecléctica centrada na emoción e na figura feminina; J. Jiménez explora a paisaxe e o retrato como espazos de investigación cromática e expresión emocional; mentres que Lola Sanz desenvolve unha obra en constante evolución que transita da realidade exterior á introspección, experimentando con materiais e novas formas expresivas.

A mostra poderá visitarse de luns a venres en horario de mañá e tarde, converténdose nunha oportunidade para achegarse á diversidade e riqueza da creación contemporánea destas catro artistas.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.