O alumnado do PIE de Boiro, Rianxo e A Pobra finaliza unha formación en preparado de pezas cárnicas

24 Marzo 2026

O alumnado do Programa Integrado de Emprego que o Concello de Boiro está a levar a cabo de forma conxunta cos concellos de Rianxo e A Pobra, finaliza a formación en preparación de produtos cárnicos.

Un total de 15 participantes recibiron formación en técnicas de manipulación, corte, procesado e preparación de diversas pezas e produtos cárnicos. Durante 40 horas formativas adquiriron os coñecementos propios para realizar traballos nas seccións de carnicería e departamentos propios da industria alimentaria, coa correcta manipulación de produto e seguridade e hixiene alimentaria.

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro 2025-2026 realizase en colaboración coas concellos de Rianxo e A Pobra e está subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.

Alumnado do PIE participando nun obradoiro de cociña nunha imaxe de arquivo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.