“O Goberno aplicará medidas compensatorias para a frota pesqueira” – Antón Luaces

22 Marzo 2026

O real decreto-lei de medidas extraordinarias para facer fronte ás consecuencias da guerra en Irán, aprobado o pasado día 20 polo Consello de Minuistros, contempla liñas de apoio específicas para os sectores agrario e pesqueiro. Trátase dun  paquete de axudas por un valor superior a 877 millóns de euros que, no que atinxe á pesca, ten  que ver co incremento dos prezos da enerxía, que tamén repercute no sector da pesca, tanto o directo polo prezo do combustible, como a súa incidencia noutros custes de produción coma os envases para a conxelación do peixe. Amais, o peche dos espazos aéreos dificulta a rotación das tripulacións dos barcos españois que faenan en augas internacionais.

A axuda compensatoria para cada buque vaise determinar en función do seu consumo diario de combustible, custe semanal deste e os días de actividade. Tamén se terán en conta as artes de pesca utilizadas e se opera en caladoiro nacional ou internacional- O orzamento inicial para esta axuda é de 25 millóns de euros.

Tamén será de aplicación a exención da taxa sobre pesca fresca, medida que entrará en vigor para a frota pesqueira ata o 30 de xuño.  

Malia a confusión xerada nun primeiro momento, e tal e como asegurou o presidente Pedro Sánchez en rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros e comunicou o Goberno, non haberá un desconto directo á compra de combustible -do que si se beneficiarán tanto o sector agrario coma os transportistas cunha redución inmediata de 20 céntimos/litro- senón que a fórmula elixida para respaldar á frota pasará por unha “axuda compensatoria” por buque que se determinará en función dese consumo diario de combustible, o seu custe semanal e os días de actividade, tal e como xa se especificou. O obxectivo do Goberno é que a compensación acade o limiar de referencia dos sinalados 20 céntimos por litro.

Aínda que a pretensión do Goberno é axilizar ao máximo os pagamentos, as empresas terán que afrontar con fondos propios a volatilidade do prezo do diésel antes de cobrar as axudas.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.