Ribeira adecuará a ordenanza de inclusión social para respostar ás necesidades da Covid19

19 Maio 2020

A Comisión de Seguimento da Evolución do COVID-19 aprobou no día de hoxe, por suxestión da xefa do Departamento de Servizos Sociais, adecuar a
súa Ordenanza de Inclusión social ás necesidades provocadas pola pandemia. Isto terá lugar a través da introdución nesta norma dunha
disposición transitoria, de tal xeito que se contemple o aumento, previa valoración técnica, das prestacións aos usuarios que estean motivadas pola actual crise.
Así mesmo, dispúxose a adopción das medidas que correspondan para que tanto o museo municipal como o do grabado e a aula CeMIT poidan abrir xa na fase 2 cos protocolos de seguridade axeitados en canto aforo, desinfeccións, etc.
Ademais, a Policía Local está incrementando os seus controis tanto no acceso a praias como nos paseos e pasarelas para velar polo cumprimento das distintas obrigas desta fase 1 do estado de alarma.
Dáse a circunstancia de que diversos carteis de prohibición temporal de bicicletas instalados nas pasarelas están desaparecendo de xeito recorrente, o que dificulta os labores encamiñados a que neste tipo de infraestruturas se produza o adecuado distanciamento social.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.