“Doente, escoita: esta é a túa loita” – Antón Luaces

19 Marzo 2026

Esta é unha das consignas coreadas nas concentracións de centos de médicos galegos en todos os centros hospitalarios da comunidade autónoma a prol do Estatuto Marco e que ten un seguImento desigual en función das fontes consultadas: mínimo, segundo o SERGAS (Consellería de Sanidade) e de arredor dun 20% en atención hospitalaria e primaria, en base ao que difunden os sindicatos convocantes. O sindicato O’Mega (cun apoio do 22%) cifra o seguImento destes primeiros días da semana actual nun 82%. 

A sanidade galega afronta esta semana de folga indefinida que cumpre dúas semanas con respostas desiguais nas quendas de traballo de mañá e tarde. Os facultativos insisten na precariedade na que traballan, facendo moitas máis horas ao ano ca o resto do persoal sanitario. Urxen un estatuto que regule as condicións destes profesionais e reclaman á Xunta que habilite os medios  para que os médicos poidan traballar dun xeito digno porque a sobrecarga actual é tan grande que non son quen de dar a axeitada atención aos usuarios, as listas de agarda aumentan mesmo en Atención Primaria, e os PAC e Urxencias hospitalarias están “desbordados”. Unha situación grave tanto para os profesionais como para os usuarios, porque “atenta contra a súa saúde e a da dos usuarios, que non reciben a atención que merecen”, proclaman ks convocantes destas mobilizacións, que se laian de que este sexa un “conflito político” entre o Goberno central e as Comunidades Autónomas, que “ten aos médicos no medio”.

A folga afecta asimesmo a servizos fundamentais nos centros sanitarios como son as oficinas do doente -encargadas de recepcionar as queixas e reclamacións dos usuarios- e, obviamente, aquelas outras funcións polas que o doente acode a un centro de asistencia médica para recibir a atención que precisa. 

Outros artigos

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.