Adxudicadas as obras de pavimentado de dous camiños en Oleiros

19 Maio 2020

O Concello de Ribeira adxudicou con carácter provisional as obras de acondicionamento de dous camiños situados na parroquia de Oleiros, que consisten no pavimentado das estradas no lugar de Sancortes e máis no camiño que desemboca no cemiterio. Segundo informa o Goberno local, os dous vieiros contan na actualidade cun firme de aglomerado asfáltico “bastante deteriorado nalgúns treitos”, polo que se considerou a conveniencia de executar esta obra coa fin de mellorar os seus firmes cunha nova pavimentación.

No que se refire ao camiño de Sancortes, aplicarase unha capa de mestura bituminosa en quente de 5 centímetros na calzada (980 metros cadrados), previa limpeza das marxes, acondicionamento da superficie e extensión de xabre (zahorra) artificial nos sobreanchos.

Polo que respecta ao camiño do camposanto, a mestura de bituminosa en quente a aplicar é de 6 centímetros de espesor nunha superficie de 2.147 metros cadrados. Ao igual que no outro viario, limparanse previamente as marxes, adecuarase a superficie e botarase xabre artificial nos sobreanchos.

A empresa que obtivo a mellor clasificación entre as nove ofertas presentadas resultou Nemesio Ordóñez, S.A.. O investimento ascende a 31.619 euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2018. O prazo de execución son dous meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.