Carlos Blanco estará en Rianxo este domingo co seu espectáculo “A penúltima”

17 Marzo 2026

Este domingo 22 de marzo o contador, actor e humorista arousán Carlos Blanco estará no Auditorio Municipal de Rianxo para ofrecer ao público local o espectáculo A penúltima. Será a partir das 18.30 horas. As entradas están á venda en Ataquilla.com. Organiza Condetrespés, coa colaboración do Concello de Rianxo.

Carlos Blanco presenta A Penúltima, un novo espectáculo no que volve combinar humor, memoria e unha ollada irónica sobre o paso do tempo. Imaxes, historias novas e outras xa coñecidas entrelázanse nun monólogo no que a risa está garantida.

Durante algo máis dunha hora, Carlos Blanco ofrece un espectáculo divertido, lúcido e, en certo modo, curativo.

Outros artigos

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.