Novo número da nosa edición impresa de Código Cero, revista de ciencia e tecnoloxía de Galicia

14 Marzo 2026

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 272,  na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención a varias iniciativas galegas que xiran ao redor da intelixencia artificial. Tamén abordamos os seguintes temas:


— A AESIA alíase co Instituto das Mulleres para combater a violencia dixital
— O CITIC da UDC imparte novas formacións sobre IA nos eidos da avogacía e o emprendemento
— A UVigo e atlanTTic impulsan unha rede única 5G e 6G de referencia internacional
— Vilagarcía e Ribeira apostan firme polo turismo intelixente
— Rede Aberta conectará Bordeos con Lisboa cunha rede troncal de fibra óptica de alta capacidade
— A Coruña, Ourense e Vigo nas primeiras cidades de España coa 5G avanzada de MasOrange
— Víctor Salgado: “As imaxes hiperrealistas creadas con IA abren unha brecha de privacidade”
— A UDC e a UVigo traballan un proxecto IA contra a desinformación
— A gala anual do CPEIG celebrarase o 12 de xuño en Santiago
— Fernando Suárez lémbranos as fondas raizames da informática na nosa sociedade
— AMTEGA iniciou a implantación dun laboratorio e centro demostrador anti-riscos dixitais
— A aplicación XuntaEu acumula preto de 160.000 descargas
— Entrevistamos a Ana Rute Mendes, desenvolvedora brasileira en Igalia
— As empresas comezaron o ano achegándonos unha completa ración de innovación galega
— Gradiant e o CiTIUS da USC impulsan a fotónica autosuficiente e de baixo consumo
— O Carballiño celebrou con 400 escolares o remate da nova edición de 21 días co galego e +
— Xunta inicia unha xira poñendo o foco nas tecnoloxías en positivo e contra o ciberacoso

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.