A función “Vaites rapariga!” chega este venres ao Centro Social de Abanqueiro

13 Marzo 2026

O Centro Social de Abanqueiro (Boiro) acolle este venres 13 de marzo a función Vaites, rapariga!, de Tarabela Creativa. O espectáculo, unha función para público adulto, dará comezo ás 21.00 horas. As entradas estarán dispoñíbeis para o público dende unha hora antes da función.

Sinopse

Non é preciso darlle moitas voltas: Vaites, rapariga! é un western. Deses do Salvaxe Oeste. Salvaxe, pero non lonxano, ollo. Porque Carmen Lingua Afiada Conde e Su Garrido Guitarra Lenta Pombo únense para traernos as historias e as melodías do noso Noroeste. Onde as paisaxes galegas, as súas personaxes, o seu xeito de buscarse a vida, de enfrontarse aos conflitos e de explorar novas posibilidades teñen un “aquel” coas pelis de vaqueiros. Unha contada ao galope entre o Salvaxe Oeste americano e o Feroz Noroeste galego. Con toques de humor negro, surrealismo, emotividade e certo aire explosivo.

Tres historias: unha heroína que lidera a resistencia dos nativos chairegos. Un home delirante que marcha do Canón do Sil ao Canón do Colorado. O foraxido con máis chiripa de toda a costa oeste, de corazón grande e mans pequenas, que “a caga” xusto no último momento. Todo aderezado pola banda sonora a base de voz, pandeireta, sacho, guitarra ou loop.

Ficha técnica

Autoría: Carmen Conde

Narración oral: Carmen Conde

Composición: Su Garrido Pombo

Música ao vivo: Su Garrido Pombo

Iluminación: Diego Gallego

Son: Ezequiel Orol

Escenografía: Bieito Inc. e Pía Piadosa

Produción: Tarabela Creativa

Distribución: Tarabela Creativa

Outros artigos

A Casa RIA celebra en Santiago o seu segundo aniversario

A sede da Casa RIA en Santiago acolleu este 1 de xullo pola tarde a celebración do segundo aniversario da materialización desta sede na rúa Virxe da Cerca, sede da Fundación RIA: entidade envorcada en reivindicar a tradición arquitectónica, produtiva, social, cultural...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ídolos de barro”. Manuel Dominguez III

“Ídolos de barro”. Manuel Dominguez III

Simona de Beauvoir este abril 40 años de su muerte. La Beauvoir, símbolo de las feministas ortodoxas, de estas liberales de moqueta y salón, y su compañerío de vida, Jean Paul Sartre nunca estuvieron casados. Rechazaron activamente el matrimonio y la idea de formar...

“A porta que dá ao tempo”. Xosé A. López Silva

“A porta que dá ao tempo”. Xosé A. López Silva

O 31 de decembro deste ano, un martelo de prata ha petar tres veces contra un muro. O tabique caerá, varrerase o cascallo cun ramo de oliveira, e o que onte era parede volverá ser lugar de paso bendecido polo Arcebispo de Santiago. A Porta Santa da catedral de...