Ángela Ríos é a primeira muller que deseña o cartel das Festas de Pascua de Padrón

12 Marzo 2026

Un nome propio feminino destaca este ano na Pascua de Padrón, que se celebra do 27 de marzo ao 12 de abril. Ángela Ríos Martínez, avogada de Extramundi de 24 anos, é a primeira muller que deseña o cartel anunciador dunha das festas máis senlleiras de Galicia e que, segundo confirmou o Concello, contarán cun amplo e intenso programa de actos pensado para todos os públicos.

O Goberno local engadiu que “os cabaliños de Padrón, o tradicional carrusel que forma parte dos recordos da infancia de toda a comarca, son este ano protagonistas do cartel das Festas de Pascua”. Pola súa banda, Ángela Ríos asegurou que esta imaxe “é unha forma de volver á memoria colectiva e tamén á miña propia nenez, véndome reflectida eu mesma no cadro”, asegura.

Con esta obra, na que traballou durante quince días, Ángela Ríos quere, tamén, “render unha homenaxe á familia Hernaiz”.

A elección desta moza de Extramundi, graduada en Dereito e que cursou un mestrado en Sevilla para dedicarse profesionalmente á pintura, non é casual. Coa súa escolla, o Goberno que preside Anxo Arca reafirma a súa “aposta polo talento local e por darlle unha oportunidade ás figuras emerxentes da comarca”.

Anxo Arca, acompañado pola concelleira de Turismo e Festexos, Chus Campos, presentaron o cartel das festas e un amplo programa que inclúe actuacións para todos os públicos. O concerto de 9Louro será un dos atractivos da programación. Este mozo muradán de 22 anos é un dos referentes da música urbana galega e actuará o na praza de Macías o domingo de Pascua (22.00 horas), nunha velada que rematará co espectáculo de DJ Matrek Show no paseo do Espolón, á unha da madrugada.

Nueva Línea, a orquestra canaria que xa escoitaron 40 millóns de persoas nas redes sociais, estará en Padrón o venres de Pascuilla (22.30) e o grupo Assia, o domingo de Pascuilla (23.00 horas).

Como vén sendo tradición, as festas da Pascua xuntarán en Padrón as principais orquestras galegas (Panorama, París de Noia, Olympus, Los Satélites ou La Fórmula) e tamén as agrupacións locais (Unión y Fuerza, Charleston, Dúo Máster e Grupo Atenas).

A música tradicional, coas actuacións dos grupos folclóricos locais, e a das bandas teñen cabida nun cartel que non se esquece da xuventude, coas actuacións dos DJ que programa Open Air.

A Feira Cabalar do domingo de Pascua e a de maquinaria agrícola serán outros dos atractivos para visitar Padrón esta Semana Santa.

As festas rematarán o domingo de Pascuilla coa tradicional xuntanza da Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón, co Festival de Bandas Capital do Sar e cunha cita deportiva de primeiro nivel, a Clásica de Pascua, que este ano acada categoría internacional. A proba ciclista trasládase ao Campus Tecnolóxico Cortizo, onde estará situada a saída e a liña de meta, dende o que máis de 150 corredores dos principais equipos farán un percorrido similar ao da Vuelta a España.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.