O BNG rexeita o proxecto de decreto do Estatuto das Mulleres do Mar porque di que “carece de medidas reais contra a desigualdade”

11 Marzo 2026

A deputada do BNG Carmela González reclamou ao Goberno do PP a retirada do proxecto de decreto do Estatuto das Mulleres do sector marítimo-pesqueiro porque, segundo denunciou, “non só non elimina a discriminación, senón que afonda nas desigualdades” que sofre o colectivo. 

“Estamos ante unha normativa con unha nula perspectiva de xénero”, sostivo a deputada nacionalista no transcurso dunha pregunta sobre esta cuestión á conselleira do Mar, Marta Villaverde, á que reprobou tamén o atraso na aprobación do estatuto. Segundo a Lei de Igualdade de 2023, “debería estar creado e aprobado o 31 de decembro de 2024”, dixo, engadindo que “van un ano e tres meses tarde”. Trátase, sinalou, “dun incumprimento que se suma ao de crear o Observatorio das mulleres do Mar, tamén contemplado na Lei de Igualdade e aprobado por unanimidade no Parlamento hai xa tres anos tras ser reclamado durante anos polas traballadoras do sector”.   

Alén dos prazos, a deputada do Bloque cualificou de “decepcionante” o proxecto de estatuto que tramita o Goberno de Rueda porque, segundo sostivo, “non recolle medidas concretas para loitar contra a discriminación e as desigualdades que sofren as mulleres do mar, nin tampouco promove a súa participación nos órganos de decisión e dirección”.  Ademais, denunciou, “coloca a responsabilidade dos coidados e da súa conciliación sobre as propias mulleres”. 

Carmela González considerou que o Estatuto é  unha “ferramenta fundamental” para garantir un futuro laboral e social “digno e en condicións de igualdade” para mariscadoras, percebeiras, bateeiras, mariñeiras, armadoras, redeiras, peixeiras ou traballadoras das conserveiras. 

“Mulleres que traballan e viven na costa galega e sofren discriminacións e desigualdades polo simple feito de o seren”, dixo en alusión entre outras cuestións, á escasa ou nula representación nos órganos de dirección ou decisión, a peores condicións laborais e salariais, á infravalorización das enfermidades profesionais ou á falta de medidas de conciliación e corresponsabilidade.

É por todo iso que, no transcurso da pregunta parlamentaria, González instou á conselleira a retirar ou, cando menos, a modificar totalmente “cun xiro de 180 grados”, o proxecto de decreto do estatuto “para garantir que recolla medidas concretas e reais para loitar contra a desigualdade”. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.